Saturday 16 de November de 2024

Diego Calvo, visitou a sede da Real Academia Galega


O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou a sede da Real Academia Galega, onde coñeceu a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e se reuniu con Xesús Alonso Montero.
Ambos mandatarios falaron das actividades que realiza a Real Academia Galega, que conta cunha subvención anual de 30.000 euros por parte da Deputación.
Durante o recorrido polas instalacións, Xesús Alonso Montero e Diego Calvo estiveron acompañados tamén por Xosé Henrique Monteagudo Romero, secretario da Academia.