O Concello de Touro instalou un desfibrilador nas instalacións municipais do Campo de Fútbol de Loxo (Concello de Touro). A concelleira de Deportes, Adela Iglesias, entregou este fin de semana o desfibrilador ao técnico de Deportes do Concello de Touro, José Ramón Puga García. As instalacións deportivas municipais de Loxo son utilizadas ao longo da temporada por nove equipos da SD Touro de diferentes categorías e tamén acuden moitos afeccionados a presenciar os partidos. A afluencia de xente é notable durante todo o ano. Ademáis tamén se organizan diferentes competicións deportivas que citan a numeroso público. É o primeiro desfibrilador que se instala no Concello e foi financiado pola administración local de Touro. A concelleira de Deportes destacou que se elexiron estas instalacións por ser un lugar estratéxico que concentra numeroso público ao longo do ano e que o aparato estará a disposición de calquera persona que o poida precisar. “O desfibrilador pode ser fundamental para salvar a vida dunha persoa que sufre un ataque cardíaco e mentres non chega a asistencia sanitaria en caso de urxencia”, apuntou a concelleira, quen destaca que o aparato está ubicado en lugar visible e preferente. O Concello de Touro organizou cursos nos últimos meses para que os veciños e veciñas poideran coñecer o correcto manexo do desfibrilador.