O Concello de Cambre vén de convocar a segunda edición do Concurso de Selfies “Faiteuncambrie” que ten como obxectivo poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do concello.
O concurso comezará o próximo luns día 5 de marzo e rematará o venres día 30 de marzo.
Rematado o prazo de participación, un xurado, designado para os efectos polo Concello de Cambre e composto por expertos en fotografía, procederá á análise das imaxes e outorgará seis premios:
Este ano ampliáronse os premios e haberá dous en cada unha das tres categorías de Selfies.
Mellor Selfie: Haberá un 1.º Premio ao mellor selfie que poña en valor a imaxe do patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio. O/a gañador/a desta categoría recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J7 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.
O segundo Premio nestsa categoría recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.
Mellor Selfie Grupal: Premiarase a imaxe máis orixinal en que aparezan polo menos dúas persoas. O autor do selfie recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J5 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o Segundo Mellor Selfie Grupal recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.
Mellor Selfie máis divertido: O Selfie máis divertido recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J3 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o segundo Selfie máis divertido recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.
Segundo o alcalde de Cambre. Óscar García Patiño, o concurso tenta potenciar e poñer en valor a paisaxe natural e o patrimonio cambres a través da tecnoloxía. “O noso interese é dar a coñecer os recunchos máis fermosos do noso municipio utilizando as novas tecnoloxías como canal de comunicación efectivo”, apuntou.