Uns 35 maiores que participa nos obradoiros de Lingua e Cultura Galegas e de Reforzo Educativo organizados polos Servizos Sociais Comunitarios de Riveira en colaboración coa concellería de Educación, realizaron onte unha viaxe cultural para coñecer in situ o Pergamiño Vindel, exposto no Museo do Mar de Galicia en Vigo, e mais o Museo de Pontevedra.
As visitas estiveron guiadas por persoal dos dous museos, e preparadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
O Pergamiño Vindel coas cantigas de Martín Códax permanecerán en Galicia ata marzo e a posibilidade de observalas en directo é un fito na nosa cultura.