Friday 22 de November de 2024

Anselmo Lamela inaugura o venres en Brión a mostra “Trampitán”


A sala municipal de exposicións de Brión acolle o mvenres 21 de novembro, ás 20:30 horas, a inauguración da mostra “Trampitán”, do artista Anselmo Lamela. Unha exposición que será inaugurada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e polo propio autor.

“Trampitán” recolle unha serie de pinturas surrealistas de Anselmo Lamela, “que poden resultar crípticos para a maioría pero, por outra parte, tamén creo que a subxectividade radical permite múltiples suxestións e interpretacións”. A mostra poderá visitarse na sala municipal de exposicións de Brión ata o próximo 12 de decembro.