A mostra consta dun conxunto de 64 obras, pertencentes tanto a coleccións privadas como a institucións públicas, datadas entre os anos 1957 e 2010
O Museo de Belas Artes da Coruña, diante o éxito de afluencia da mostra temporal “Alfonso Sucasas: Unha revisión”, decidiu prorrogar o seus período de apertura ao público ata o vindeiro 18 de marzo de 2018. A exposición consta dun conxunto de 64 obras pertencentes tanto a coleccións privadas como a institucións públicas datadas entre 1957 e 2010.
Pretende facer unha revisión da traxectoria artística de Alfonso Sucasas abrindo novas liñas de interpretación para coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, o seus intereses e inquedanzas, que van desde un persoal academicismo a un primitivismo expresionista, e onde as figuras deformadas constrúense sobre potentes e suxestivos grafismos para recrear un mundo onírico e monstruoso, que bascula entre a relixión e o paganismo. A mostra esta organizada polo Museo de Belas Artes baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Neste período de ampliación o Museo continuará ofertando visitas guiadas a exposición os sábados ás 18:30 horas tanto ao publico e xeral como aos distintos grupos culturais que o soliciten.