Saturday 16 de November de 2024

Ouro para María Pena no Campionato Galego de Lanzamentos de Inverno


Excelentes resultados para Atlética A Silva-Ordes no Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno, disputado esta pasada fin de semana en Lugo. Alí María Pena Ferreiro acadou a súa mellor marca persoal con 40’92m, o que lle supuxo o ouro. Isto ábrelle as portas para seguir competindo en Castellón a próxima semana no Campionato de España de Inverno, onde se darán cita as oito mellores marcas do ránking. Na mesma cita Saray Fariñas conseguiu un meritorio quinto posto en lanzamento de martelo.

Por outra banda na mesma localidade tamén se disputou a cuarta xornada da Copa Deputación, onde Lucía Doval logrou a marca mínima para acudir ao Campionato de España en Pista Cuberta que terá lugar en Salamanca o próximo mes de marzo.