O Concello de Ordes continúa servindo de escenario para unha das series de maior éxito que se pode ver na grella de programación da TVG. Trátase de Pazo de Familia, cuxo equipo técnico, actores e director se trasladaron ata o Pazo do Bidueiro para vivir un día intenso de rodaxe. Todo iso despois doutra xornada na que tanto o Campo da Feira como a discoteca LP45 tamén serviron de estudios de televisión para moitas das escenas que se poderán ver ao longo dos próximos capítulos.