Monday 25 de November de 2024

Hoxe presentouse a I Open Science de Cambre que pretende achegar a ciencia aos cidadáns


A feira científica levará a cabo durante todo o día 15 de setembro (sábado) e que finalizará o día 16 (domingo) ao mediodía

Esta mañá o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o concelleiro de Xuventude, Ramón Boga, e o responsable do departamento de Ciencias do IES David Buján, José Viñas, presentaron a I Open Science de Cambre, unha feira na rúa que pretende achegar o coñecemento científico á poboación a través do xogo, a demostración e os experimentos curtos ou Snack Experiments. A feira estará coordinada pola concellería de Xuventude e por alumnos e exalumnos do IES David Bujan.

Segundo Patiño, é unha oportunidade que non podía deixar pasar o Concello para converterse nun referente escolar no mundo da ciencia, por unha banda, e, por outro, achegar a cultura científica á poboación. “Estou moi orgulloso dos alumnos e profesores dos institutos cambreses e cando nos propuxeron a idea non tardei nin un segundo en preguntarlles que era o que necesitaban”.

O club de ciencia “ XenTD100 cia” e o concello de Cambre decidiron organizar esta feira científica que levará a cabo durante todo o día 15 de setembro (sábado) e que finalizará o día 16 (domingo) ao mediodía.

A Open Science de Cambre ( OSC), levará a cabo no Parque dá Igrexa, onde está situado o ágora, moi útil para os espectáculos e demostracións científicas. Montaranse pequenas carpas no parque para evitar as inclemencias meteorolóxicas e dispoñeranse de casetas de 2×1 m para os participantes.

Nestes momentos xa está confirmada a presenza de alumnos e profesores de toda España e de varios países europeos como Italia, Lituania, Holanda ou Portugal, que xa se preocuparon polos seus proxectos. O resto de participantes poderán incribirse ata o venres 6 de abril ás 16:00 horas na web http://www.citizenscienceclub.com/opensciencecambre/.

Actividades da Feira

Doutra banda, Viñas comentou as diferentes actividades da feira, que presentan perfís diferentes, cunha característica común: A Ciencia Aberta a todos ( Open Science)

 Concursos. Propostas científicas e tecnolóxicas da Open Science que se poidan aplicar á aula. Open Access, Open Data, proxectos de Ciencia Cidadá e RRI. O protagonista é sempre o alumno.
 Talleres. Universidade, espazos maker, fundacións que nos propoñan un recurso educativo ou unha investigación que poida ser utilizada na aula.
 Espectáculos. A diversión e o entretemento achégannos de forma lúdica á ciencia.
 Café científico. Divulgar os últimos avances científicos nunha contorna informal axúdanos a comprender mellor o que están a facer os nosos centros de investigación.
 Retos científicos. Nunha feira Open Science, non podería faltar o reto científico a conseguir entre todos. Será toda unha sorpresa digna de ver.
 Scape Room.