Inclúe a dotación de servizos e soterrar a canalización eléctrica
O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova obra dirixida a aperturar un tramo de vía de 43 metros de lonxitude entre Martín e a avenida das Airós, que está situada en Fontán.
A actuación, que está sendo desenvolvida dende onte por Excavaciones Darío, SL, inclúe tamén a dotación de servizos de abastecemento de auga, saneamentos fecais e rede de pluviais, ademais da canalización eléctrica subterránea en troques dun poste de media tensión situado actualmente na zona da actuación.
A execución deste proxecto, que comporta un orzamento de 54.723,82 euros, reviste un especial interese para os veciños de Martín xa que, deste xeito, contarán con outra vía alternativa de conexión coa cidade riveirense a maiores da que desemboca na avenida Romero Ortiz, neste caso a través do paseo marítimo do Touro.
No que se refire ao abastecemento de auga, instalarase unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro. Para saneamentos fecais colocarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, en tanto que para pluviais situarase un colector corrugado de PVC de 315 milímetros.
Pavimentación
Polo que se refire á pavimentación, empregarase unha mestura bituminosa en quente sobre base de zahorra.
O proxecto de execución da obra son tres neses.