Un total de 270 rapaces de distintos centros educativos de secundaria do municipio asistiron este mediodía no Auditorio de Riveira á proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”, unha revisión da historia do teatro en Galicia na segunda metade do século XX.
A cita, que se enmarca dentro da programación da Mostra de Teatro, contou coa presenza do director do filme, Iago Vázquez –fillo de recordado actor riveirense Tuto Vázquez, quen se prestou amablemente a respostar as preguntas dos estudantes ao final da emisión.
Os centros participantes foron o IES Número 1, Leliadoura, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón, ademais de usuarios da asociación Ambar. Tamén estivo a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya.