Friday 22 de November de 2024

A Campaña de Sendeirismo 2018 do Concello de Brión arranca con dúas rutas polo Barbanza o vindeiros meses de marzo e abril


A Ruta dos Chans do Barbanza (17 de marzo) e a Ruta das Minas de San Fins (7 de abril) terán un prezo de 8 euros

O Concello de Brión informa da apertura dunha nova temporada da Campaña de Sendeirismo con dous roteiros polo Barbanza para os próximos meses de marzo e abril. Ambas teñen en común a lonxitude (18 km), o prezo (8 euros) e que as inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no 981 50 99 69 ata dous días antes de cada roteiro.

Inicialmente, o Concello de Brión convoca 52 prazas en cada saída, que serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición. Os 8 euros inclúen o desprazamento en autobús ata o inicio da ruta, con saída da Carballeira de Santa Minia ás 9:00 horas, e a volta ao mesmo lugar. Os participantes levarán comida tipo pic-nic para o xantar, así como calzado cómodo e axeitado.

A Ruta dos Chans do Barbanza terá lugar o sábado 17 de marzo. Inclúe un percorrido de 18 quilómetros, de dificultade baixa, que discorre polos municipios de A Pobra do Caramiñal, Boiro e Riveira. A Ruta das Minas de San Fins terá lugar o sábado 7 de abril. Inclúe un percorrido de 17 quilómetros polo concello de Lousame de dificultade media, xa que hai un par de desniveis bastante pronunciados. En ambos casos, os sendeiristas desfrutarán de fermosas paraxes naturais, impresionantes miradores e achegaranse á cultura da comarca barbantina.