Centos de nenos e nenas inundaron o polideportivo Campomaior para vivir conxuntamente a gran festa do Entroido. A Tarde de Entroidada organizada polo Concello de Ordes fixo posible que cada rapaz e rapaza desfrutase con inchables, obradoiros creativos, postos onde cada unha e un deles poideron pintar as caras, xogos, animacións, bailes e moitas máis sorpresas que fixeron desta unha tarde inolvidable. Incluso estiveron algún que outro personaxe da famosa serie de debuxos animados La Patrulla Canina. E para repoñer forzas flocos ata fartar para todas as persoas que os quixeran.
Xa a partir de hoxe xa empeza a conta atrás de cara á chegada da fin de semana, momento onde terá lugar a cita máis esperada co tradicional Sábado de Piñata. Disfraces, carrozas, comparsas, música, diversión e moita festa volverán o inundar as rúas de Ordes que, de seguro como cada ano, estarán ateigadas de milleiros de persoas. Serán máis de 4.400 € en premios os que se repartirán entre as distintas categorías. Novamente cóntase co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro.