A situación política en Cataluña e todo o proceso aberto polas formacións nacionalistas catalanas para a proclamación de independencia protagonizaron este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’. “La sociedad catalana / vilmente ha sido engañada / por políticos insensatos / y mentiras desmañadas”, dixo un ‘xeneral’ no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos. A choiva non impediu a presencia de veciños e forasteiros que foron situándose baixo unha carpa instalada no campo da festa. “Hay familias divididas / que discuten diariamente / si conviene a Cataluña / proclamarse independiente”, dixo gritando un dos ‘xenerais’ dende o centro do campo da festa, onde se concentraron uns dez xinetes. “Cierto que el independentismo / de mano de Puigdemont / nos trajo hasta esta / increíble situación”, contestoulle outro ‘xeneral’. E non tardou en chegar a réplica. “Francamente es inaudito / la carencia de sensatez / ante el cariz que ha tomado / el devenir del procés”. E o mesmo ‘xeneral’ apuntou de novo: “El diálogo es necesario / en situaciones puntuales / nos lo demuestra la historia / con acuerdos memorables”.
A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.00 horas. A esa hora o campo da festa de Fao, pese á choiva, comenzou a recibir á xente. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre, divertida e chuviosa ‘Antroidada’. Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco do campo da festa, como xa é tradición. A continuación comenzou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’. Empezou así a batalla: “En La Coruña está Touro / del que San Juan es su Patrón / y en él Santa Uxía de Fao /como en nuestro corazón”. Os xinetes situáronse nun recinto pechado en círculo ubicado no centro do campo da festa, adornado con mimosas e baixo unha carpa. E alí, tras darlles o alto o centinela, comenzou a confrontación verbal. E saíron a relucir as cuestións políticas. Os ‘xenerais da Ulla’ replicaron e contrarreplicaron ante os vecinos durante unha media hora. Non faltaron, posteriormente, ‘os consellos dos frades’, que predicaron en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co ‘Enterro do Antroido’.