As aulas formativas de Cristóbal Colón viviron o acto de clausura e entrega de diplomas do segundo dos obradoiros de cociña e repostería de Entroido impulsados polo Concello con motivo destas festas.
Ata alí se desprazou a concelleira de Cultura e Educación do Concello, Herminia Pouso, para felicitar en persoa ás 25 persoas asistentes, quen estiveron a aprender riquísimas receitas da man da súa profesora Ana Domínguez Chouza.