Friday 22 de November de 2024

A Xunta adxudicará de inmediato dúas vivendas en alugueiro en Oleiros e Ferrol a senllas familias en risco de vulnerabilidade


A Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación de dúas vivendas de promoción pública propiedade da Consellería de Infraestruturas

A Xunta de Galicia adxudicará dúas vivendas nos concellos de Oleiros e Ferrol a outras tantas familias en risco de exclusión social, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda celebrada esta semana aprobou as propostas de adxudicación.

As vivendas, que se entregarán unha vez asinados os contratos de alugueiro, forman parte do parque de vivenda en alugueiro da Xunta de Galicia, xestionado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En 2017 a Xunta realoxou a 70 familias en vivendas da súa propiedade ou cedidas por Abanca, Sareb, Caixa Rural Galega, Banco Sabadell e CaixaBank, o que supón unha vivenda adxudicada cada cinco días. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das doce medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.