Saturday 16 de November de 2024

A presentación de ‘Azar y cenizas’ enche a biblioteca de Ordes


A biblioteca municipal de Ordes quedouse pequena para a presentación do libro Azar y cenizas, obra do escritor local Roberto González-Amado. Numeroso público douse cita esta tarde para escoitar de boca do seu autor como foi o proceso de creación e documentación da obra. Un relatorio que mantivo a todo o mundo espectante ante as historias e anécdotas acontecidas en espazos emblemáticos da Habana dos anos 20, algúns deles xa desaparecidos.

Unha trama enlazada, dalgún xeito, directamente coa vida e traxectoria vital do propio Roberto González-Amado xa que está fundamentada no periplo migratorio de seu pai. Azar y cenizas narra a historia dos mozos emigrados Armando e Arturo, as cales entrelazaranse tempo máis tarde grazas ás experiencias acontecidas en España e Estados Unidos, respectivos países de residencia de ambos.
Entre os que non faltaron a este encontro literario figurou o rexedor ordense, José Luis Martínez Sanjurjo.