Friday 22 de November de 2024

O Concello investirá 350.000 euros na remodelación de Adelaida Muro


As obras teñen un prazo de execución de 3 meses e medio e inclúe a reforma de beirarrúas e calzada, a renovación da canalización de augas residuais e a instalación da rede de pluviais

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa da adxudicación das obras de remodelación da rúa Adelaida Muro por 350.000 euros, o que supón un aforro do 22% (98.982 euros) con respecto ao presuposto de licitación.
A proposta de Manuel Rivas Boquete resultou a adxudicataria de entre un total de 17 ofertas. Esta obra enmárcase dentro do plan municipal de modernización e recuperación de espazos públicos e ten un prazo de execución de tres semanas e media.
Os traballos inclúen a renovación do pavimento do tráfico rodado e a substitución da baldosa hidráulica actual que se encontra moi deteriorada. En total, actuarase sobre preto de 2.700 metros cadrados: 1.587 metros cadrados de beirarrúa e 1.098 de calzada. O Goberno local tamén aproveitará estas obras para cambiar a totalidade da rede de augas residuais e para instalar a canalización de pluviais, pois actualmente non existe. Esta nova intervención urbanística nace do compromiso do actual equipo de goberno de homoxeneizar os espazos públicos da cidade.