O martes de entroido, día 13 de febreiro é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao unha das citas do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa de Fao coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas.
Articulos relacionados
O Concello licita os traballos para a construción dun acceso seguro á Escola Infantil Municipal de Guísamo
julio 13, 2026 Comments are off 0 visitas
● A actuación conta cun orzamento de 315.538,22 euros e está cofinanciada a través do ...
Asinado o convenio que permitirá poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreos para a creación do Centro Integral de Saúde
marzo 25, 2023 Comments are off 0 visitas
O documento firmado o venres polo alcalde e polo propietario da parcela será ratificado este ...
Esta fin de semana a praia do Matadoiro acolle a III edición da SuperLiga Siroko de surf profesional
diciembre 13, 2019 Comments are off 159 visitas
O campionato co que colabora o Concello da Coruña presume de total paridade desde ...
