O venres, 9 de febreiro, a biblioteca municipal de Ordes acolle ás 20 horas a presentación do libro Azar y cenizas, do escritor local Roberto González-Amado. Ana López Brey, técnico da biblioteca, será a encargada de conducir o acto.
Azar y cenizas narra a historia dos mozos Armando e Arturo emigrados a Cuba durante a década dos anos 20, e cuxas traxectorias entrelazaranse tempo máis tarde grazas ás experiencias acontecidas en España e Estados Unidos, respectivos países de residencia de ambos.
Azar y cenizas é a segunda novela de Roberto González-Amado, tras a publicación de Los dioses que no podían serlo (2013). Ademais de Catedrático de física Aplicada na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid e na Escola Politécnica da Universidade Carlos III de Madrid, a súa faceta profesional tamén se cingue á investigación e á autoría de artigos e dos libros de divulgación científica Física para juristas, economistas, … e demais xente curiosa e Microscopía Electrónica.