Destacada actuación da deportista local Lara López Fernández no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo na categoría xuvenil. Lara López, integrante do equipo xuvenil do club Sasa, proclamouse campioa galega na proba de 100 metros socorrista, campioa galega xuvenil en relevos 4×25 metros remolque de manequín e 4×50 metros combinada, e subcampioa galega en 100 metros remolque de manequín con aletas. As probas tiveron lugar a pasada fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense.