Friday 22 de November de 2024

Luz verde ao Entroido Pequeno máis grande do MUNDO


Aumentan as actividades paralelas o Entroido Pequeño con obradoiros de respostería, montaxe de Don Carnal, maxia, cine, festa infantil, contacontos, baile de máscaras, xogos infantís, e tertulias, entre outras

A concellaría de Cultura presentou hoxe a programación do Entroido na Casa da Cultura. O concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, adiantou as novidades deste Entroido que espera reunir o sábado 17 (entroido pequeño) a milleiros de persoas como cada ano.

Asemade, lembrou que a concellaría tenta que esta festa sexa nomeada como de Interese Turístico Galego polo gran entusiasmo que esperta na contorna metropolitana. Este ano destacan as actividades que terán lugar por moitas parroquias previas ao día do Entroido Pequeñocomo os obradoiros de respostería, montaxe de Don Carnal, maxia, cine, festa infantil, contacontos, baile de máscaras, xogos infantís, e tertulias, entre outras…

O día 17, día do Entroido Pequeno máis grande do Mundo, terá lugar o desfile do Entroido e os concursos de carrozas, comparsas e individuais desde o polígono de Gradual ata o centro de Cambre. (16.30 horas). O evento contará coa actuación de Azúcar Moreno e da Orquestra Trébol.
O edil de Cultura tamén Sinaloa que o Entroido se retransmitirá en directo pola TVG no programa Aquí Galicia!.

Carballada lembrou que este ano os gratificacións ás carrozas de cambre participantes aumentaron ata os 300 euros. Os gañadores recibirán na categoría de carrozas 400, 300, 200 e 100 euros respectivamente. Na categoría de comparsas recibirán 200 e 100 euros, primeiro e segundo premio. E o mellor disfraz en xeral e o mellor disfraz infantil recibirán un cheque por valor de 100 euros.

Asemade, destaca o enterro da Sardiña que terá lugar o vindeiro 18 de febreiro. O encontro terá lugar no Campo da Feira, onde se reunirá a comitiva fúnebre que vai acompañar o cadáver de Don Carnal ata o río Mero para lanzalo á auga

Mañá mércores 7comezará a programación do entroido cun obradoiro de repostería da man de Diego Pita no Centro Sociocultural da Barcala ás 20.30 h.
O luns 5 poderán recollerse as invitacións na Biblioteca Municipal Xabier P. do Campo.
O xoves día 8, ás 20.30 h, no Centro Sociocultural da Barcala, convidámolos a colaborar na elaboración de Don Carnal, o monifate que representará ao Entroido durante o período carnavalesco.
Todos aqueles que así o desexen poderán achegarse ata o Centro Sociocultural da Barcala para axudar a montar o boneco e tamén para colaborar na construción da caixa fúnebre na que, o domingo día 18, ás 13.00 h, se procederá ao traslado do corpo do defunto ata o río Mero, onde será botado ás súas augas purificadoras de toda clase de pecados.
O venres día 9, ás 12.00 h, procederase a colgar o corpo de D. Carnal no balcón da Casa do Concello. Alí permanecerá ata o día 18, fin do Entroido.
O venres 9 o mago Martín Camiña presentará o seu espectáculo “Feitizos e Ilusións” no Centro Sociocultural do Graxal. Este é un espectáculo para todos os públicos que se realiza grazas á Deputación da Coruña. As persoas que desexen asistir poderán recoller os seus convites nas tres bibliotecas municipais, no Museo Arqueolóxico e na Casa da Cultura, a partir do luns 5. Os convites tamén se poderán recoller 15 min antes do comezo de cada sesión, sempre e cando non fosen retirados con anterioridade nos puntos de distribución.

O venres 9 ás 21.00 h na Casa da Cultura proxectarase o filme de Pedro Carvajal “Martes de Carnaval”. O reparto está composto por Fernando Guillén, Miguel Molina, Elisa Montes, Juan Diego, Angela Molina, Laura Ponte, Ángel de Andrés López, Dorotea Barcena, Mónica Molina, Montse Budiño, Rosa Álvarez.

O sábado 10 celébrase ás 17.30 h unha festa infantil no Local Social de Riveiriña en Bribes. Á mesma hora, na Urbanización da Barcala, celébrase o tradicional baile organizado pola Asociación da Terceira Idade.
O sábado 10, ás 19.00 h, na Fundación Wenceslao Fernández Flórez terá lugar unha sesión de contancontos “Así como cho conto” que terá como tema central os Entroidos do Mundo.

O domingo 11 terá un lugar baile de máscaras organizado pola Asociación da Terceira Idade “Santa María”, ás 17.00 h, no local social sito en Samosteiro, Cambre.
O luns 12, a Concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade organiza unha festa infantil de 17.00 h a 20.00 h no Polideportivo do Temple. As persoas asistentes poderán disfrutar dos xogos propostos polo monitorado. Haberá un inchable para cada grupo de idade e chocolate. O día seguinte, martes 13, celebrarase unha festa de características similares no Poliderpotivo Sofía Toro.
Tamén o luns 12 a Asociación de Amas de Casa “Vagalume” de Brexo-Lema, o Centro Recreativo Instrutivo de Lema e a Asociación de Veciños “A Unión” de Brexo-Lema organizan unha festa no Pavillón polideportivo Bernardo Bish Lorenzo a partir das 19.00 h. Ese mesmo día a Asociación Cultural “Nosa Sra. da Visitación”, no local social situado na rúa Río Sil da Barcala, celebra unha festa infantil ás 20.00 h.
O mércores 14 de febreiro, ás 17.30 h no Centro Sociocultural da Barcala, terá lugar un Contacontos de Entroido coa Escola de Teatro “País de Papel”, da FWFF.
O mesmo día, tamén no Centro Sociocultural da Barcala, ás 20.30 h, citamos a todas aquelas persoas que queiran formar parte da Comitiva Fúnebre para organizar o traslado de D. Carnal ata o Río Mero, onde será botado ás aguas o domingo día 18.
O xoves 15 de febreiro, ás 20.00 h na Casa da Cultura-Vila Concepción, convidámolos a un acto no que, en amena tertulia, lembraremos o pasado do Entroido cambrés grazas á colaboración dos veciños e veciñas do noso concello que aportaron imaxes e documentos audiovisuais de verdadeiro interés.
O domingo 18 de febreiro, ás 13.00 h, pechamos o ciclo do Entroido en Cambre co Enterro da Sardiña. O encontro terá lugar no Campo da Feira, onde se reunirá a comitiva fúnebre que vai acompañar o cadáver de Don Carnal ata o río Mero para lanzalo á auga. No Campo da Feira botarase un responso antes de iniciar a marcha fúnebre. A Charanga da Santa Compaña será quen acompañe o féretro.