Friday 22 de November de 2024

Medra o medalleiro do Club Atlética A Silva-Ordes tras participar no III Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster e no Provincial de campo a través


José Manuel Núñez Sánchez e Carlos Vera Domínguez foron os encargados de representar ao Club Atlética A Silva-Ordes no III Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster que tivo lugar esta pasada fin de semana. Núñez Sánchez obtivo a medalla de prata, mentres que Vera Domínguez se alzou coa de bronce.

Por outra banda, xa dentro do Campionato Provincial Campo a Través que tivo lugar o sábado en Acea da Ma (Culleredo), Juan Loureiro Mosquera foi prata na categoría benxamín masculina. Na mesma competición tamén participaron Noa Rey Bravo, clasificada nun meritorio posto vinte e dous na categoría alevín feminina, e Samuel Fariñas Fernández, cuarta posición en infantil masculino, o que lle dá acceso a participar no Campionato Galego que terá lugar proximamente.