Un ano máis a Pena Ciclista Monte Xalo comeza a súa actividade deportiva. No 2018, e desde a localidade de Cambre, os seus ciclistas desprazaranse a distintas probas de carácter autonómico e nacional. Neste exercicio, o club alcanza os 122 socios, con idades comprendidas entre os 3 meses e os 63 anos. A Directiva ten previsto tamén a organización de probas e eventos propios, co obxecto de fomentar o uso e o deporte da bicicleta.