Friday 22 de November de 2024

O desfile dos ‘xenerais da Ulla’ e dos personaxes do entroido chegan ás rúas Fonte Díaz pecha


Veciños e forasteiros achegáronse ata Touro para disfrutar nunha mañán fría dunha das citas clásicas do Entroido do Ulla
A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca da Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron protagonistas. Tamén o foron os persoaxes do entroido de Touro, como o Vello dos Cornos. A mañán foi moi fría en Touro. Pasadas as doce concentráronse os ‘xenerais’ diante da sede do Concello de Touro. Un grupo de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos citáronse para comenzar o desfile. O vento impediu que poideran lucir os coloridos sombreiros de plumas. Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas os nenos e nenas do PAI, que nesta ocasión estaban disfrazados de Vello dos cornos. Tamén estaba outros protagonistas do Entroido do Concello de Touro.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’. Ao longo do traxecto lanzaron varios ‘vivas’. No desfile que saíu e rematou na sede do Concello de Touro tamén participaron nenas e nenos do PAI cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes celébrase en Fonte Díaz unha feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de febreiro está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz.

A próxima cita en Touro será o martes de carnaval, día 13 de febreiro. Ese día é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas.