Friday 22 de November de 2024

A OMIX presenta as actividades anuais co protagonismo da novas infraestruturas xuvenís


Este ano a Casa Arrigada estrenarase como nova sede da Omix no centro do municipio cun espazo xuvenil, zona internet, espazo para reunións de asociacións xuvenís

A oficina Municipal de Información Xuvenil presentou hoxe a súa programación anual con case un centenar de actividades dirixidas á mocidade e varias novidades como a nova versión da App OMIX, na que se incluíron melloras como as notificacións, as rutas para adultos e familias e os novos servizos que haberá na nova sede da OMIX, a Casa Arrigada, cun espazo xuvenil, zona internet, espazo para reunións de asociacións xuvenís). Segundo o alcalde de Cambre, Óscar Patiño, “a mocidade terá un espazo renovado para as súas actividades, reunións e formación nun edificio que é emblema do noso concello”.

No que respecta ao programa VENTE DE MARCHA, de rutas de senderismo dirixidas, preferentemente á mocidade do concello pero aberto a tódolos veciños-as independentemente da súa idade. Esta ano o tema que fará de fio conductor das rutas será LUGARES MISTERIOSOS; refirese a lugares onde o maxico e a lenda mesturase co histórico; serán sitios que teñen algo que contar e que farán reflexionar ós senderistas e serán a Fisterra, Sta. Mª Aguas Santas, San Andrés de Teixido, A Lanzada, Tomar (Portugal), Cabo Home (Bueu), A Moura (Coirós) e Campolameiro.

Destaca tamén unha nova edición Mocearte co Cromatico mural fest, programa que desenvolve as habilidades artisiticas xuvenís e busca a convivencia entre arte e medio urban.

Asemade, o programa ESTE FINDE TEÑO PLAN, busca favorecer as condutas positivas nos momentos de lecer e facilitar o acceso a determinados recursos (culturais, medioambientais, etc…) como un xeito favorecedor da adquisición de valores civicos e respetuosos co noso entorno nun espazo de tempo, os findes, nos que o lecer se presenta como a opción mais idonea para a xuventude. Este ano as actividades serán Paintball, Cityplan, Finde survival, Nautica e finde surf.

Outro dos programas, Tdi (Todos Deben Involucrarse), busca o protagonismo absoluto da mocidade nas diferentes fases dos proxectos co apoio e a axuda do concello. Entre as actividades deste programa destacan a Ciencia na Rúa, Finde xuvenil e o Magosto Xuvenil.

En canto ao programa “O Verán xa está aquí”, na que actividade principal é o campamento de verán, unha experiencia vital moi importante para os rapaces pois significa, en moitos dos casos, a súa primeira experiencia lonxe da casa e o comezo a valerse por si mesmos.
Polo que respecta a formación o programa xuvenil TRANS-FÓRMATE baséase na formación a través duns módulos formativos (obradoiros de emancipación) coñecementos que lles sirvan para acceder a traballos puntuais en épocas no lectivas. Este ano os máis interesantes serán os de Couching laboral, oientación laboral, Manipulador de alimentos, monitor de tempo libre, Cociña, Sexualidade ou Primeiros auxilios.