Un total de 26 veciños e veciñas de Frades participan na segunda edición do Curso de Plantas Aromáticas e Medicinais, organizado polo Concello de Frades e que terá no multiúsos municipal durante os sábados deste mes de febreiro. Un curso no que o alumnado aprenderá tanto os usos e aplicacións destas plantas aromáticas e medicinais como os métodos de cultivo, recolección e conservación.
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, participou este sábado na sesión inaugural do curso e desexoulles aos alumnos e alumnas que aproveiten as próximas sesións para coñeceren os principios activos e as partes útiles de plantas coma o perexil, o romeu, o tomiño, a menta, a salvia, o ourego ou a albáfega.