Os ‘xenerais da Ulla’ serán os protagonistas no entroido de Bama o próximo domingo 4 de febreiro e no desfile na Feira do Entroido en Fonte Díaz, o luns 5 de febreiro. O peche das celebraracións no Concello será o día 13 de febreiro, martes de entroido, na parroquia de Fao
Esta mesma semana comenza o Entroido de Touro, unha das festas con máis tradición no Concello e na Comarca da Ulla. O próximo domingo, día 4 de febreiro, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Ás 10.30 horas está prevista a saída da parranda e ás 12.30 horas do próximo domingo 19 de febreiro concentraránse os xenerais diante do café-bar A Xesteira para a súa saída. As actuacións continuarán a partir das 16.30 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ entre os xenerais sobre a situación política en España e no resto do mundo e tamén a ‘parranda’ cantará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces e Sabrosito será o encargado de pechar. Sortearase un magnífico potro.
O próximo luns día 5 de febreiro chegará o entroido a Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.00 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Ás 12.30 horas está previsto o desfile pola feira de todos os personaxes tradicionais do entroido de Touro. O atranque, ás 13.30 horas. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz e nun posto instalado diante da sede do Concello de Touro.
O martes de carnaval, día 13 de febreiro é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas.
TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2018
-Domingo, 4 de febreiro. BAMA. 16.30 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.
-Luns, 5 de febreiro. FONTE DÍAZ. 12.00 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.
-Martes, 13 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa