Saturday 28 de September de 2024

Abre o prazo de inscrición para a VI Feira de Oportunidades


Os comerciantes terán de prazo para apuntarse dende o 5 ata o 16 de febreiro. O evento desenvolverase no primeiro andar da Praza de Abastos durante os días 1, 2 e 3 de marzo

Os días 1, 2 e 3 de marzo Ordes acollerá a VI Feira de Oportunidades. Como de costume terá lugar no primeiro andar da Praza de Abastos, tendo cabida para un total de 13 establecemento. As persoas comerciantes interesadas poderán inscribirse dende o 5 ata o 16 de febreiro. A participación será asignada por rigurosa orde de chegada, mentres que a concesión dos postos farase mediante sorteo ao igoal que en edicións anteriores.

Nun espazo que se achega aos 500 metros cadrados poderanse adquirir aos mellores prezos as últimas novidades en téxtil, calzado, decoración, bixutería, marroquinería etc.

Nesta edición tamén se habilitará unha zona de diversión para os nenos e nenas de xeito gratuíto.