Friday 22 de November de 2024

Charla en Ordes sobre as axudas do Plan Leader


Arredor de 35 empresarios, empresarias, autónomos e autónomas asistiron á charla que tivo lugar en Ordes sobre as axudas do Plan Leader. Entre os temas dos que se falou figuraron as axudas para a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas dirixidas á transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. Tamén sobre as empresas con intereses no sector secundario e no sector comercial e de servizos. Entre as persoas que acudiron á convocatoria, nos baixos da alameda, non faltaron José Luis Martínez Sanjurjo e José Manuel Rodríguez, alcalde de Ordes e concelleiro de Industria e Comercio respectivamente.