Friday 22 de November de 2024

Os escolares cambreses toman conciencia sobre as barreiras arquitectónicas e accesibilidade


O alumnado realizou un percorrido polo Campo da Feira con cadeiras de rodas, andadores, muletas, antefaces, etc para que os alumnos coñezan a experiencia da dificultade que é superar as barreiras arquitectónicas no día a día. Incluso, o propio alcalde, Óscar Patiño, e o primeiro tenente de alcalde, Juan Evaristo Rodríguez, probaron a dificultade de circular nunha cadeira de rodas

Tivo lugar no campo da feira de Cambre unha actividade co obxectivo de concienciar aos escolares cambreses do CEIP Wencesalo Fernández Flórez sobre a problemática das barreiras arquitectónicas e #accesibilidade.
A actividade estivo dirixida tanto ó alumnado de 5º e 6º de educación primaria do centro CEIP Wenceslao Fernández Flórez, como ós veciños e veciñas do Concello de Cambre que se queiran achegar.

A Concellería de Servizos Sociais de Cambre en colaboración con a Asociación Galega Contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), a Asociación de Persoas con Diversidade Funcional e Familiares ARELA Cambre e co Centro de educación infantil e primaria CEIP Wenceslao Fernández Flórez, organizan unha campaña de sensibilización enmarcada no núcleo urbano de devandito Concello.

O alumnado realizou un percorrido polo Campo da Feira con cadeiras de rodas, andadores, muletas, antefaces, etc para que os alumnos coñezan a experiencia da dificultade que é superar as barreiras arquitectónicas no día a día. Incluso, o propio alcalde, Óscar Patiño, e o primeiro tenente de alcalde, Juan Evaristo Rodríguez, probaron a dificultade de circular nunha cadeira de rodas.

Nesta ocasión tamén contarase coa colaboración do Club deportivo inclusivo ENKI, que realizará unha demostración da utilización dunha Handbike, por parte de Ángel López, presidente do club. Para aqueles que estean interesados en ampliar información sobre a Enfermidades Neuromusculares, as entidades participantes, os produtos de apoio e férulas, haberá tamén un posto informativo. Todos os que se acheguen poderán probar os distintos produtos para coñecer como estes poden facilitar a vida das persoas con diversidade funcional.