Friday 22 de November de 2024

Cultura presenta o Temple Jazz que terá lugar esta fin de semana coas actuacións de Nani García Trío e Alfonso Calvo Septet


A Concellería de Cultura presentou hoxe o Festival Temple Jazz que se desenvolverá esta fin de semana, 7, 8 e 9 de xullo no Temple.

O concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, o edil Brais Cubeiro, e o coñecido músico Nani García, presentaron hoxe un evento que aglutinará concertos de jazz (no parque Ramón Barba), teatro, un obradoiro e un filme a redor do mundo do jazz.

Segundo Carballada, este evento nace coa idea de persistir no tempo, de ir medrando, e de cubrir unha demanda musical no municipio. “Cremos que o Temple o mellor lugar para facer este festival que esperamos vaia medrando co paso do tempo”, apuntou. Agradeceu a Nani García o seu apoio para facer realidade esta iniciativa cultural.

Para iso programáronse dous concertos de jazz con dúas bandas de éxito e de recoñecido prestixio como Alfonso Calvo Septet e Nani García Trío. Tamén unha Masterclass a cargo de Carmen Rey e unha actuación “JAZZ PARA XENTE MIUDA” que representará a compañía A RUN RUN XOGOS E ENREDOS “ULO SWING”. Para pechar o programa destaca a proxección da película “O ocaso dunha estrela”, onde a mítica Diana Ross meter na pel danon menos mítica Billie Holiday.

Todas as actividades son de balde tanto no Ramón Barba como na Casa da Cultura-Villa Concepción.

PROGRAMA

Venres 7 de xullo
21:00 Casa da Cultura
O OCASO DUNHA ESTRELA

VENRES 7 de xullo, ás 22:30 h
ALFONSO CALVO SEPTET (concerto de jazz)
Parque Ramón Barba

SÁBADO 8, ás 21:00 h
Masterclass para principiantes
Casa Cultura “Vila Concepción
entrada aberta

SÁBADO 8 de xullo, ás 22:30 h
NANI GARCÍA TRÍO (jazz)
Parque Ramón Barba

DOMINGO 9 de xullo, ás 19:00 h
JAZZ PARA XENTE MIUDA
Cía. A RUN RUN XOGOS E ENREDOS “ULO SWING”
Casa Cultura “Vila Concepción”
Público familiar 4 a 10 anos.
entrada libre ata completar aforo, menores acompañados.