Friday 22 de November de 2024

Actos incívicos no lavadoiro de ameneiro e sustracions no parque infantil da Carballa


O Concello de Riveira alerta de dous sucesos acontecidos nos últimos días no noso municipio.

Por unha parte, cómpre informar de que o lavadoiro público do río Ameneiro, no que non fai moito tempo o Executivo emprendera unha importante inversión para o seu acondicionamento, atópase nestes momentos cheo de lixo e restos de tellas rotas no seu interior, tal e como advertiu unha veciña á Policía Local, que levantou o conseguinte parte.

De igual xeito, as forzas de seguridade foron avisadas de que do parque infantil situado no lugar da Carballa foron substraídos dous balancíns e gran parte das lousetas de caucho do seu pavimento, ademais de faltar dúas luminarias do alumeado público situadas nas proximidades.

De amañar unha e outra instalación farase cargo o Concello (principalmente a través da Brigada Municipal de Obras) se ben non pode deixar de lamentar actitudes que redundan en prexuízo de toda a nosa sociedade.