A Casa do Concello alberga dende hoxe unha nova exposición: trátase dunha retrospectiva do autor Hugo Mario Pereira.
Hugo Mario, artista uruguayo afincado no Grove, trae ao Consistorio Local un total de 22 das súas creacións elaboradas a partir do 2009.
Esta mostra é resultado da colaboración do Concello coa Galería O Faiado de Santa Uxía.
Neste senso, Eugenia Gómez como responsable desta galería, o alcalde Manuel Ruiz e o propio autor quixeron presentar unha exposición que se prolongará ata este 31 de xullo.