Saturday 16 de November de 2024

Cambre presenta a II Romaría Castrexo Romana GALAICOI


O concelleiro de Turismo, Ramón Boga, presentou hoxe xunto á Asociación de Recreadores de Galicia a II Romaría Castrexo Romana Galaicoi que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xullo no Castro Maior de #Cambre.

Segundo explicou o concelleiro, esta romaría trata de poñer en valor a historia de Cambre e o seu patrimonio ademais de unir ás asociacións de veciños de todo o municipio ao redor dunha celebración lúdico-histórica que pretende atraer a milleiros de persoas este ano.

Como na pasada edición destacan os concertos de música (Rosa Cedrón e Pan de Capazo), o mercadillo antigo, os xogos populares infantís, o teatro clásico, pasacalles, desfiles e combates entre lexionarios e castrexos, obradoiros infantís, dramatizacións, campamento romano, recreacións históricas de venda de escravos, enterramentos antigos e por suposto a gran romaría do sábado na que tomarán moitas das asociacións de veciños de Cambre.

Boga lembrou que calquera persoa poderá participar na romaría do sábado xa que se instalarán grellas públicas para que a xente poida cociñar a súa comida mentres goza da música en directo.

Agradeceu á Deputación da Coruña a súa colaboración con esta festa que pretende converterse nun referente estival sobre a recreación histórica.

Programa II Romaría Galaico Romana
Galaicoi

Venres, 14

18:00 Inauguración: O mercado cobra vida
18:00 Declaración de guerra: inicio das hostilidades Si vix pacem para bellum (casa do concello)
18:30 Pasacallesde inauguración (concello)
18: 30 Apertura del campamento y exposición permanente del material (Campo da Feira)
19:00 Obradoiro de pan no muíño para as crianzas (mercado)
19:45 Cleopatra visítanos (mercado)
19:45 Venda de esclavos/as (mercado)
20:00 Teatro da Fundación Wenceslao Fernández Flórez:
20:30 Pasacalle musical con Wyrdamur
21:00 A lexión pasa revista ao mercado: paseo militar e civil con visita al castro
21:45 Pasacalles musical
22:00 Concerto de Pan de Capazo
22:15 O lexionario despistado
22:30 O enterramento: honores a un lexionario caído na batalla
23:00 Despedida con pasacalles
23:30 Danza do lume dos deuses

Tarde

17:00 Apertura do campamento romano coa exposición do material e relatorios.
17:15 Exhibición e explicación da evolución do exército romano dende o principio da República ao final do Imperio.
18:00 O mercado cobra vida
18:15 Pasacalles musical
18:30 XXXVII Xuntanza Mariñana
18:30 Obradoiro infantil: “pequenos lexionarios”.
19:00 Obradoiro infantil: elaboración do pan
20:00 Cleopatra visítanos
20:15 Pasacalle musical
20:15 Entrenamento dos pequenos futuros gladiadores
20:30 Os gladiadores escaparon da area… tende coidado ¡!!!
20: 45 Cedric busca a Cleopatra
21:00 Pasacalles musical
21:00 Gran batalla: os romanos tentan tomar o castro.
21:15 O enterramento ¡!!
21:30 Venda de esclavos/as… gran subasta pública
21:45 Pasacalles musical
22:00 Concerto de Orquestra Tombalobos
22:15 Cleopatra en acción… en busca do temido Cedric
22:30 ….. ¿Qué será?
23:00 Concerto de Wyrdamur e danza do lume

Domingo, 16

Mañá

10:30 Apertura do campamento romano coa exposición do material e relatorios.
11:00 Apertura do mercado
11:00 Recreación romana: instrucción militar
11:30 Pasarúas musical
11:45 Venda de esclavos/as
12:00 Desfile militar e escaramuza na croa do castro.
12:00 Cleopatra busca a Marco Antonio
12:15 Obradoiro de pan para as crianzas
12:30 Pasacalles musical
12:45 Os lexionarios recorren o mercado
12:45 Dramatización: captio dunha vestal (Museo).
13:00 Pasacalles musical
13:15 O gran Cedric visítanos
13:30 Pasacalles musical
13:30 Desfile civil por Cambre
14:00 Os gladiadores escapan
14:30 Hora do bo xantar

Tarde

17:00 Apertura do campamento romano coa exposición de material e velatorios
17:15 Obradoiro infantil pequenos lexionarios.
18:00 O mercado cobra vida
18:30 Pasacalle musical
18:45 Obradoiro de pan para as crianzas
19:00 Os lexionarios buscan a Cedric… á caza de Cedric ¡!!!
19:30 Pasacalles musical
19:30 Dramatización: Pompa gladiatoria (croa – anfiteatro).
20:00 Cleopatra visítanos
20:00 Dramatización: Gladiatura (anfiteatro).
20:15 Pasacalles musical
20:15 Entrenamento dos pequenos futuros gladiadores
20:30 Os gladiadores escaparon da area… tende coidado ¡!!!
20: 45 Cedric busca a Cleopatra
21:00 Sinatura do pacto de hospitalidade.
21:00 Pasacalles musical
21:15 O enterramento ¡!!
21:30 Venda de esclavos/as… gran subasta pública
21:30 Concerto de Rosa Cedrón
22:15 Cleopatra en acción… en busca do temido Cedric
22:30 ….. ¿Qué será?
23:00 Concerto de Wyrdamur e danza do lume