Friday 22 de November de 2024

Actuarase ao longo de máis de 700 metros entre os tres viais



Tres camiños de Olveira, Artes e Carreira serán mellorados con cargo a un plan da Axencia Galega de Desenvolvemento rRural

O Concello de Riveira informa de que con cargo ao Plan de Camiños Municipais 2017-2018 que convoca a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) se vai a efectuar a mellora de tres viais situados noutras tantas parroquias do municipio. Concretamente, actuarase nos camiños de Ardilleiro (Carreira), Espiñeirido (Olveira) e no camiño de Xarás a Outeiro (Artes), abarcando un total de 705 metros liñais.

O importe global de licitación destas tres obras ascende a 51.259,47 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

O camiño de Ardilleiro ten unha lonxitude de 270 metros e un ancho promedio de 3,5 metros. Excepto o tramo inicial, que presenta un firme de formigón, a totalidade da vía é de terra, con vexetación que a invade e formándose en época de chuvias numerosos charcos. O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé o desbroce e limpeza do vial, o acondicionamento da superficie, a aplicación dunha capa de zahorra e a súa pavimentación cunha mezcla bituminosa en quente.
´
Pluviais
O camiño de Espiñeirido ten un longo de 70 metros e un ancho promedio de 3 metros. O seu firme de terra e con relativa frecuencia a brigada municipal de obras fai aportes de grava para que se poida circular, especialmente nos invernos nos que se forman zonas de lodo que fan practicamente imposible o tráfico rodado. Neste caso acometeranse dúas actuacións: unha instalación de pluviais (cunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro) e a mellora do firme con pavimento de formigón combinado con adoquín de formigón.

Por último, o camiño de Xarás a Outeiro ten 365 metros de longo e un ancho promedio de 3,75 metros. Presenta firme de terra, cunha vexetación que invade parte do mesmo. Será desbrozado, acondicionado con zahorra e estenderase unha pavimentación de mezcla bituminosa en quente.