Friday 22 de November de 2024

80 sendeiristas dan un novo impulso ao programa ‘Goza do Ulla’ na ruta ‘Unindo camiños polas sombras do Ulla’ en Touro


Un grupo de 80 sendeiristas procedentes de diversos puntos da comunidade galega deron un novo impulso ao programa ‘Goza do Ulla’. O sábado pasado, día 1 de xullo, citáronse no Concello de Touro para facer a ruta ‘Unindo camiños polas sombras do Ulla’. No programa ‘Goza do Ulla’ participa un total de 20 concellos bañados polo río que percorre as provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. O sábado citáronse ás 9.00 horas diante do Concello de Touro. Os sendeiristas percorreron unha senda de valor botánico e natural que transcorre baixo un pasadizo sombrío onde os sendeiristas poideron disfrutar da presenza de bosque mediterráneo, atlántico e de ribeira. “Un fermoso tramo de bosque encantado”. Este foi o comentario que máis se poido escoitar durante o percorrido. Os sendeiristas poideron descubrir os restos dos pazos de Rosende e de San Cristovo, pequenos muíños, antigas ouriceiras que salpican os frondosos soutos e pequenas fervenzas e o emblemático Pozo do Pego.Un grupo de 22 peronas, ao rematar a ruta, comeu na parrilla de Ponte Remesquide. “Foi un baño de natureza en estado puro”, coincidiron en comentar os sendeiristas ao final do camiño.