O auditorio da Casa da Cultura rexistrou un cheo absoluto na tarde de onte para desfrutar da estrea teatral Quen enterra un enterrador? Esta obra de misterio, dirixida por Pablo Meixe, foi a posta de largo do grupo municipal de teatro, composto por actores e actrices noveis do municipio de Ordes. Para a súa posta en marcha todas e todos eles contaron coa colaboración tanto do Concello como do Punto Limpo de Ordes.