Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música celebraron o seu festival de fin de curso. O numeroso público que acudiu ao dito espectáculo encheu a Casa da Cultura para desfrutar dunha mañá do máis musical. Todo isto grazas ao traballo levado a cabo polo profesorado e, sobre todo, polo esorzo dos arredor de 100 alumnos e alumnas de distintas idades que formaron parte do espectáculo, no que puxeron de manifesto todo o aprendido ata o día de hoxe. Non faltaron pezas do grupo de música e movemento, pezas de coral e combo-rock, percusión guitarras, ademais da actuación da Big Band da escola da Banda Xuvenil. Entre os asistentes estivo tamén Xosé Manuel Mira, concelleiro de Cultura.
Articulos relacionados
A directora xeral de Igualdade asiste en Ordes á presentación da nova app ‘Concecta CIM’
marzo 5, 2018 Comments are off 532 visitas
A nova ferramenta deseñada polo CIM da Mancomunidade de Ordes permite o contacto directo e ...
En marcha os traballos de substitución das varandas de protección nas beirarrúas do Portazgo e do Poulo
febrero 19, 2025 Comments are off 0 visitas
Neda inviste nesta mellora da seguridade viaria máis de 43.000 euros Por fin arrincaron as ...
As edís de Deportes e Comercio acompañan a 300 peregrinos de #UP2u Project ao seu paso por Ordes
octubre 12, 2019 Comments are off 171 visitas
300 peregrinos e peregrinas de toda España completaron esta mañá a etapa do Camiño Inglés ...
