Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame saca a licitación a contratación do servizo de restaurante nas Minas de San Finx por un período de dous anos



O orzamento de licitación é de 1.452 euros (IVE incluído) e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 15:00 horas do sábado 17 de xullo

O Concello de Lousame saca a licitación, por procedemento aberto e trámite ordinario, a contratación do servizo de restaurante no edificio número 4 do poboado das Minas de San Finx por un período de 2 anos (prorrogable por outro ano máis) e cun orzamento base de 1.452 euros (IVE incluído). Unha contratación publicada no BOP da provincia de hoxe venres, polo que mañá sábado abrirase un período de 15 días naturais para a presentación de propostas no Rexistro Xeral do Concello, é dicir, que as propostas deberán presentarse antes das 15:00 horas do luns 17 de xullo.

A finca onde está emprazado este inmoble ten unha superficie de 3.955 m2, urbanizada exteriormente con árbores, zonas de herba e formigón. O edificio ten unha superficie útil de 251,26 m2 e conta con distinto mobiliario propiedade do Concello de Lousame: 18 taburetes, 60 sillas, 30 mesas, 14 butacas, cociña industrial e prancha industrial catro lumes, freidora eléctrica, forno, lavavaixelas, cámara frigorífica porta alta, catro cámaras de frío porta baixa, caldeira mural de calefacción, fregadeiro, mobles de cociña… O persoal que empregue o adxudicatario para a prestación deste servizo non terá relación laboral algunha co Concello de Lousame.

A efectos da adxudicación do contrato, primarase o canon anual ofertado con ata un máximo de 7 puntos, mentres que se puntuará con ata 3 puntos a memoria descritiva da prestación do servizos: persoal adscrito ao servizo e formación (de 0 a 1,5 puntos), mobiliario que se comprometa a achegar (de 0 a 1 puntos) e detalle dos servizos que se prestarán (de 0 a 0,5 puntos).