Mañá venres, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar na Casa da Cultura a representación teatral Quen enterra un enterrador? A obra é o resultado do traballo realizado polo grupo de teatro municipal, o cal está dirixido por Pablo Meixe. Pensada para un público adulto o elenco da obra está composto por veciños e veciñas de Ordes, os cales contaron coa colaboración do Concello de Ordes e do Punto Limpo de Ordes. A entrada será de balde ata completar o aforo.