A mostra de pintura das alumnas e alumnos das clases organizadas polo Concello de Ordes xa está aberta ao público no Museo do Traxe. Na tarde de onte foi inaugurada polas concelleiras de Educación e Deportes, Susana García e Ana Soneira respectivamente, que acompañaron a todos os veciños e veciñas que ata alí se achegaron. Ata o vindeiro martes, 4 de xullo, poderanse contemplar de balde as preto de 200 pezas dos máis diversos estilos e realizadas por xente de todas as idades.