Friday 22 de November de 2024

Máis de medio cento de brioneses e brionesas participaron esta fin de semana nunha sesión de ioga gratuíta e ao aire libre


Máis de medio cento de brioneses e brionesas participaron nunha clase gratuíta de ioga celebrada no parque municipal de Brión na tarde deste sábado pasado. A actividade comezou a iso das 20:00 horas e rematou cunha actividade especial de relaxación con cuncos ás 22:00 horas.

A sesión estaba aberta á participación de toda a veciñanza interesada nesta disciplina, que se imparte anualmente no centro social polivalente de Pedrouzos para veciños e veciñas maiores de 16 anos. O alumnado aproveitou a sesión para perfeccionar a súa técnica mediante diferentes exercicios, orientados a acadar o equilibrio e a concentración que requiren as posturas de ioga.