Un grupo de vinte veciñas de Frades participou durante o último mes nun curso gratuíto de Repostería Creativa, unha iniciativa formativa enmarcada no Programa Neneiras 2016-2017. Durante as 30 horas lectivas do curso, estas veciñas elaboraron cupcakes, cake pops, galletas de avea, tarta red velvet, carrot cake, melindres… e outros deliciosos doces na cociña do centro social de Galegos.
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, foi o encargado de clausurar esta iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 e que foi impartida pola ONG Mestura, en colaboración co Concello de Frades e a Xunta de Galicia.