Terá lugar este sábado na alameda a partir das 12 horas
Este vindeiro sábado, 1 de xullo, de 10 a 13 horas terá lugar na Alameda de Ordes o festival de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ordes. Nel participarán preto de 100 nenos, nenas, mozos e mozas que, en moitos casos acompañados do seu profesorado, porán de manifesto todo o aprendido ao longo deste curso. Entre outros números figuran pezas do grupo de música e movemento, pezas de coral e combo-rock, percusión guitarras, ademais da actuación da Big Band da escola da Banda Xuvenil.
Con esta convocatoria preténdese, por un lado, achegarlles aos habitantes de Ordes o traballo e esforzo que se realiza por parte do alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música, á par que se brinda unha actividade de desfrute ao aire libre na que a música é a máxima protagonista. No caso de chuvia a cita trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura.