Saturday 16 de November de 2024

Os máis pequenos de Touro disfrutaron da Festa do Neno


Centos de nenos e nenas de todas a idades disfrutaron en Touro da xa tradicional Festa do Neno. O soleado día fixo que os máis pequenos e os seus país aprovetaran ao máximo a xornada de lecer. O Concello de Touro acolleu o pasado domingo, día 25 de xuño, a Festa do Neno. A xornada festiva comenzou ás 16.00 horas na praza de Luar, en Fonte Díaz, a zona de servizos onte tamén está ubicada a Casa da Cultura e as piscinas. Durante toda a tarde os nenos e nenas que ata alí se achegaron poideron xogar nos inchables e bañarse na piscina municipal.

Tamén circulou o un tren turístico.Os máis pequenos subíronse ao tren que cada pouco saía da praza de Luar e facía o percorrido de media hora polas rúas de Fonte Díaz. A presencia de nenos, nenas e país prolongouse durante toda a tarde. Na piscina municipal tamén se instalaron inchables. Sobre as 19.00 horas, e para despedir a xornada de diversión celebrouse un concerto protagonizado polo grupo Mamá Cabra baixo o título: ‘O caderno dos afectos’. O domingo de diversión estivo garantido en Touro.

Dende un punto de vista festivo o Día do Neno inicia unhas celebracións que teñen a súa continuidade no verán, coa festa dos maiores, que tradicionalmente se celebra no mes de agosto. Nas próximas semanas poñeranse tamén en marcha as actividades estivais para os nenos e nenas de Touro. Para o sábado 8 de xuño está programada a III Xornada de Pesca Infantil. Poderán participar nenos e nenas de seis a doce anos. Será na Área Recreativa da Santaia dende ás 11 da mañán. As inscrición poden facerse ata o 30 de xuño no departamento de Cultura do Concello de Touro ou chamando ao teléfono: 981.814.566.