O martes, 27 de xuño, remata o prazo para que os sendeiristas interesados poidan apuntarse á ruta que organiza o Concello de Touro no programa Goza do Ulla. O percorrido está programado para o próximo sábado día 1 de xullo. No programa Goza do Ulla de rutas de sendeirismo participan 20 concellos bañados polo río que divide ás provincias da Coruña e Pontevedra. Os interesados en apuntarse poden facelo ata o próximo martes, día 27 de xuño, nos seguintes contactos: Concello (981.504.029 ou 981.814.566). A ruta Unindo camiños polas sombras do Ulla está prevista para o sábado 1 de xullo ás 9.00 horas. Trátase dunha senda de notable valor botánico e natural que transcorre baixo un pasadizo sombrío onte o caminante pode disfrutar da presenza de bosque mediterráneo, atlántico e de ribeira. Durante o camiño descúbresen os restos dos pazos de Rosende e de San Cristovo, pequenos muíños, antigas ouriceiras que salpican os frondosos soutos e pequenas fervenzas e o emblemático Pozo do Pego.
Articulos relacionados
O BNG propón unha “gran fronte de País” a favor da frota ante o veto da UE que afecta a 200 barcos e centos de empregos
octubre 10, 2022 Comments are off 0 visitas
Pontón: “Non é o momento de tirar a toalla senón de redobrar a presión política, ...
A Xunta inviste 86.000 euros na renovación de beirarrúas nun tramo da avenida Ramiro Carregal no polígono industrial de Xaras
diciembre 7, 2018 Comments are off 352 visitas
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ribeira, Manuel ...
Conclúe a programación da Semana Santa coa procesión e representación da resurrección
abril 16, 2022 Comments are off 0 visitas
• Ás 10.30 horas sairá a procesión do Cristo Resucitado desde a igrexa de San ...
