Saturday 16 de November de 2024

Rueda visita en Porto do Son os investimentos levados a cabo no concello con cargo a dúas axudas da Vicepresidencia


Porto do Son recibiu máis de 540.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental desde a súa posta en marcha no ano 2010

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o Concello de Porto do Son para comprobar de primeira man os investimentos que se están realizando no concello de man de dúas axudas da Vicepresidencia.

Alfonso Rueda estivo acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo e do alcalde da localidade, José Luis Oujo, destacou que este concello leva recibido máis de 540.000 euros nos últimos cinco anos das subvencións do Fondo de compensación Ambiental

Este Fondo que procede do canon eólico e que beneficia aos concellos galegos que teñen explotacións eólicas, beneficia tanto aos concellos coma aos seus cidadáns, xa que lle permite levar a cabos obras relacionadas coa mellora do entorno e a conservación do noso medio ambiente, e que no caso de Porto do Son permitiu levar a cabo importantes obras de saneamento e de abastecemento en distintas parroquias.
Na segunda liña de axudas coa que a Xunta apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas e culturais ou prazas, paseos e parques infantís, o concello de Porto Son o ano pasado levou a cabo un parque infantil en Portosín, por 37.000 euros, e este ano reciben outros 37.000 euros que servirán para que o concello conte cunha pista de pádel, para uso e disfrute de todos os seus veciños.
Unhas axudas que este ano contaron cunha dotación un 50 por cento superior ao ano pasado e que benefician a máis de 70 concellos galegos, que poden levar a cabo distintos proxectos que redundan directamente no benestar dos seus veciños.