Friday 22 de November de 2024

Concellería de Xuventude e Musieventos imparten unhas xornasas gratuítas de formación en espectáculos musicais


Contará cunha fase teórica e outra práctica na Dorna
Concellería de Xuventude e a empresa Musieventos, afincada no Viveiro de Empresas de Riveira, van levar a cabo no vindeiro mes de xullo unhas xornadas gratuítas de formación en espectáculos musicais.

Trátase dunha nova iniciativa de 30 horas de duración distribuída en dúas fases: unha fase A con tres sesións teóricas de cinco horas no Viveiro de Empresas (días 2, 9 e 16) e unha fase B con outras tres sesións de cinco horas nos concertos sonorizados por Musieventos na festa da Dorna (días 19, 20 e 23 de xullo): só poderán a esta segunda fase aqueles que completen as 15 horas anteriores e mostren unhas aptitudes mínimas para poder realizar a parte práctica.

O número máximo de alumnos son 17. Esta acción está dirixida a todas aquelas persoas ás que lles guste o mundo do son e a iluminación sen que faga falla experiencia previa. Requírese un mínimo de 18 anos de idade.

Programa:
• Día 1. Introdución: tipos de equipos de son, cableados, tipos de conectores, distribución de cargas eléctricas, cálculos de potencia, consumos, mesas de son, ecualización, sistemas de medición e análise en tempo real, sistemas inalámbricos e coordinación de frecuencias.
• Día 2. Son en directo: microfonía, tipos de transductor, resposta en frecuencia, ecualización, realces, problemas típicos do directo, mistura, balance ganancias, cortes de graves…
• Día 3: tipos de aparatos de iluminación, sistemas de anclaxe i estruturas, elevación de cargas, tipos de control sistema DMX…

Imparten: Ángel Blanco (titulado superior de Música), Pol Cobas (técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe) e Alberto Blanco (técnico superior en son para audiovisuais i espectáculos).

Inscricións
O prazo de inscricións comeza hoxe e poderá formalizarse na Casa da Xuventude de Riveira (xuventude@riveira.com).