Friday 22 de November de 2024

O concello de Riveira obtén un remanente de de tesourería de 13,6 millóns e un remanente para gastos xerais de 3,5 millóns de euros


Aumentando no 23% e no 75% as cifras da liquidación anterior

Unha vez rematadas as operacións de peche e liquidación do Orzamento do Concello de Riveira para 2016, tanto no que atinxe ao estado de gastos como ao estado de ingresos, constátase a boa saúde económica de que sigue gozando a Administración Municipal riveirense.

Así, as grandes ratios recollidas na liquidación teñen un carácter moi positivo, como é o caso de dúas magnitudes fundamentais: a do remanente xeral de tesourería, que foi de 13.606.087 euros (por 11.025.385 euros na liquidación do exercicio 2015, o que supón un incremento do 23,4%), e a do remanente axustado para gastos xerais, que ascendeu a 3.499.157 euros (por 1.997.608, supoñendo un significativo aumento do 75,1%).

Polo que se refire á ratio do resultado orzamentario (é dicir, a diferenza entre os dereitos liquidados durante o exercicio e as obrigas recoñecidas durante ese mesmo período) tamén arroxou un resultado positivo de 2.988.599 euros; en tanto que os fondos líquidos do Concello a 31 de decembro de 2016 ascendían a 7.295.663 euros.

Doutra banda, cómpre informar de que no pleno do luns levarase a aprobación unha partida de medio millón de euros para liquidación de obras e na sesión de xullo outro millón de euros destinados a obra nova.